Grazas pola súa colaboración neste vídeo a tódalas compañeiras da rúa Alfredo Vicenti en A Coruña

Neuromotiva® celebra contigo o día internacional da muller co regalo dunha relaxación guiada

(archivo de audio al final del artículo)

Iniciativa Internacional

Con motivo do día internacional da muller dende Neuromotiva queremos facer unha homenaxe a muller galega e por extensión ao resto das mulleres do mundo porque estamos todas conectadas.

Soltar a tensión acumulada ao longo do día a través das relaxacións é SAÚDE FÍSICA E MENTAL axudando a previr o estrés e a ansiedade.

Hai estudos que demostran que as estratexias de relaxación ou técnicas de liberación emocional son práticas que alivian o estrés con tan só 5-10 minutos ao día.

A carga mental feminina ou “síndrome da muller esgotada” visibilízase no ámbito familiar e doméstico. Ainda que estáse a producir un cambio importante na sociedade, hoxe en día segue a recaer na muller nunha alta porcentaxe a responsabilidade da planificación das tarefas domésticas, a coordinación dos aspectos académicos e extraescolares dos fillos, a toma de decisións e os coidados dos maiores,  supoñendo para a muller galega en particular, e o resto en xeral, unha realidade estresante.

O máis importante é que podemos combatila re-educando no AUTOCUIDADO DA MULLER, na LIBERTADE DO DISFRUTE PARA UNHA MESMA, cómo?  

AXENDANDO UN TEMPO …. Só PARA TI.

Dende neuromotiva promovemos distintas accións para ATOPAR ESE TEMPO TAN DESEXADO

Somos pioneiros dos servizos do neurotaxi e  neuroestética e seguimos buscando pequenos intres para que a xente, e sobre todo as mulleres, aproveiten calquera momento para SILENCIAR A MENTE e RELAXAR O CORPO, aprendendo así a combatir o estrés.

MENTE E CORPO están en continua conexión e por iso é tan importante DARSE CONTA e saber que non somos só o que pensamos nin o que facemos, somos moito máis. Cando escoitamos unha relaxación guiada é doado “darse de conta”  que dentro de nós hai unha conciencia profunda que xoga sempre a favor,  a SERENIDADE.

Mulleres, cantas veces non atopamos tempo para nós mesmas? Neuromotiva convídate a que TE REGALES 7 MINUTOS Só PARA TI con esta relaxación guiada.

SABEMOS QUE O VAS DISFRUTAR…. RELAXA-TE MULLER

BO DÍA  e NEUROSAÚDOS!!!!

Deja un comentario

Cerrar